CGT de Galicia
http://www.cgtgalicia.org/2008/10/cadernos-de-debate-para-o-pleno-de-sindicatos/
Export date: Sun Jul 5 15:51:17 2020 / +0000 GMT

Cadernos de Debate para o Pleno de Sindicatos


Na Plenaria do Comité Confederal na que se elaborou a Orde do día do Pleno, acordouse por unanimidade a publicación de Cadernos de Debate, nos que a afiliación poida expresar os seus criterios sobre todos e cada un dos puntos da Orde do Día; en ningún caso, tales achegas terán o carácter de ponencias para o Pleno de Sindicatos, pois este soamente discutirá sobre os acordos dos sindicatos, presentados por escrito no propio Pleno.
Os traballos que se presenten deberán ir asinados co nome do autor (indicado o sindicato ao que pertence), han de ocupar un tamaño razoable e axustarse á Orde do día.
A elaboración física destes cadernos (modesta e de áxil execución e distribución) realizaraa o Secretario de Organización e Finanzas da CGT de Galicia. A el débense enviar as achegas dos afillados, ben ao correo electrónico sp.finanzas[arroba]cgtgalicia[punto]com, ben ao Apartado de Correos 97, 36080 Pontevedra.
Elaboraranse polo menos dous (e se fose necesario tres) Cadernos de Debate, cos traballos que cheguen antes das seguintes datas: 1º) 31 de outubro; 2º) 14 de novembro; 3º) 24 de novembro.
Post date: 2008-10-30 19:58:22
Post date GMT: 2008-10-30 18:58:22

Post modified date: 2008-10-30 20:43:28
Post modified date GMT: 2008-10-30 19:43:28

Export date: Sun Jul 5 15:51:17 2020 / +0000 GMT
This page was exported from CGT de Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com