O próximo domingo, día 1 de xuño, ás 12:00 horas, no cemiterio de San Amaro da Coruña, terá lugar unha ofrenda floral organizada por este sindicato en memoria das vítimas da violencia gubernamental na folga xeral (a folga dos “consumeros”) que tivo lugar na Coruña os días 30 e 31 de maio e día 1 de xuño de 1901.

Ofrenda floral aos mortos na folga de 1901

A ofrenda terá lugar no monolito levantado polas sociedades obreiras e sufragado por subscrición popular no ano 1906 e que está situado dentro do cemiterio.

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email