CGT de Galicia

Inicio Convocatorias Sindical Social Internacional Formación Orgánica Opinión
A Coruña Ferrol Lugo Ourense Pontevedra Santiago Vigo Vilagarcía Directorio

Sindical, Vigo

Limpeza- A verdade do preacordo do convenio de Limpeza.

14.05.08

Nunha análise obxectiva do preacordo asinado por CIG, UGT e 00.00. no convenio da limpeza provincial hai que salientar os seguintes puntos:

1 .- A CGT coincide coa CIG cando esta manifestou, xa hai uns meses, através dos medios de comunicación, por boca do Secretario Nacional de Negociación Colectiva, Antolín Alcántara, que para evitar a perda de poder adquisitivo dos traballadores había que tender a negociar subas salariais lineais e non porcentuais con base no IPC. Nesa liña, e como é totalmente lóxico, o dirixente da CIG dicía que estes acordos de incrementos salariais lineais debían de ser de curta duración, xa que o IPC podía medrar e facer dunha suba asumible nun determinado momento algo totalmente escaso un ano despois. Que Ile pasou á representante da CIG na mesa de negociación para asinar un preacordo con subida lineal de 4 anos, desoindo o criterio marcado, non xa pola responsabilidade, senón incluso polo seu propio sindicato?


2.- Os conceptos salariais que contempla o preacordo, son dous. O primeiro un plus de convenio e o outro unha nova paga. Aínda que a primeira vista as cantidades anuais do plus de convenio (30 €, 35, 40 e 45€) parecén acumulables, o preacordo non o especifica, polo que hai que entender que non o son, así o incremento do plus de convenio dun ano a outro sería de tan só 5 € mensuais (ou sexa un aumento mensual do 0,66 %). O outro concepto salarial, a paga será aumentada progresivamente durante os anos de vixencia do convenio, dende os 60 € no 2008 ata os 760 no 2011. Isto aínda que poida parecer un aumento importante, realmente supón un aumento mensual (tomando como referencia 15 pagas) de 4 € no primeiro tramo, 13,33 no segundo, 26,66 no terceiro e 50 € no segundo. Así sumados os dous conceptos salariais e o salario base dun peón e aplicado o IPC actual (4,2) dariamos que para o ano 2008 o poder adquisitivo (incluído o plus de transporte e o de asistencia) subiría (en relación ao salario de
2007) 31,20 € anuais (2,08 € mensuais), para o 2009 baixaría 252,71 €, para o 2010 baixaría 497,57 € e para o 2011 baixaría 604,27 € (40,28 € mensuais menos de poder adquisitivo). En resume o poder adquisitivo baixaría (aplicándolle o IPC actual) para o período comprendido no convenio 1323, 35 €.
3.- Aínda que ó evidente a vista das cifras que o acordo é un moi mal acordo, o máis grave non é a perda real de poder adquisitivo. O máis grave é que os incrementos salariais que propón o acordo non afectan ao salario base. Deste xeito o salario base (760 €) queda conxelado durante 4 anos. Esta conxelación preténdese paliar coa creación de un novo plus (o de convenio) e unha nova paga (en outubro) a todas luces insuficientes. Pero aínda hai máis, os novos conceptos salariais non son consolidados. Isto quere dicir que tanto o novo plus de convenio como a paga de outubro poden ser retirados na seguinte negociación de convenio en 2011. Así co salario base conxelado dende 2008 e os incrementos salariais non consolidados, o actual preacordo hipoteca o futuro a curto e largo prazo dos traballadores e traballadoras da Umpeza, facendo que na negociación do seguinte convenio as armas da patronal sexan inmensas: posibilidade de negociar calquera cambio nas condicións de traballo dos traballadores coa ameaza certa de retirar o plus de convenio e a paga de outubro, únicos ingrementos salariais do presente
convenio, e tendo que negociar novas subas sobre a base de 760 €.
4.- Pero non acaban aí as cousas, si os puntos anteriores van supoñer un lastre para o futuro dos traballadores e traballadoras o acordo sobre a antigüidade non é máis que unha claudicación sen sentido a cambio de nada, de absolutamente nada. O cambio do computo da antigüidade de trienios a quinquenios terá un doble efecto. O primeiro a curto prazo (5 anos) onde dependendo de cando cumpran os trienios os traballadores e traballadoras concretos poderán perder nuns casos 1500 € anuais, e noutros 750 € anuais. Pero a longo prazo o problema será aínda maior, xa que o cómputo por quinquenio fará que os empresarios aforren máis 40 % do valor da antigüidade. E aínda máis si a antigüidade se define como o 5 % co salario base, e como temos visto o salario base queda conxelado dende o 2008, a antigüidade, computada por trienios ou quinquenio, é indiferente, quedará así mesmo conxelada, perdendo o conxunto dos traballadores un 17 % do valor da súa antigüidade.

lndependentemente do contido do preacordo poderíase tamén falar de cómo fol o proceso de “refrendo” do mesmo, non obstante sucesos como os ocurridos no local da CIG o pasado 9 de maio, só cabe de calificalos que asquerosos, e os seus protagonistas directos (M~ del Trásito Fernández, Violeta Paz e Rosa Acuña) de elementos mafiosos da peor calaña.

Desgraciadamente o marco legal impide que neste momento os trabaUadores e traballadoras poidamos impedir a sinatura do convenio, non obstante é responsabilidade de todos que estes feitos sexan coñecidos en todo o sector, que todos os traballadores e traballadoras Qoñezan o que val supor o novo convenio hoxe e dentro de catro anos, e que todos e todas nos deamos conta que só dende
a exixencia de que son os traballadores reunidos en asemblea (independentemente da súa afiliación sindical), os únicos teñen dereito a decidir sobre o seu futuro, a decidir si se convoca ou desconvoca unha folga, a equivocarse ou a acertar en tal ou cal postura. Ningún preacordo ou acordo pode chegar asinado a unha asemblea, as asembleas non ratifican, as asembleas deciden, só así nos aseguramos o protagonismo dos que importan: os traballadores e traballadoras.

Imprimir este artigo Imprimir este artigo  |  Recomendar este artigo Recomendar este artigo

« Metal-DEMSU- Novo comunicado
» Ofrenda floral na Coruña

Web da Confederación Xeral do Traballo de Galicia (CGT)

Correo da páxina: web[arroba]cgtgalicia[punto]org

Todos os contenidos están baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 España de Creative Commons  XHTML 1.0 Transitional válido  Feito con GNU/Linux