Xa queda pouco, pero aínda ai tempo

Na asemblea aberta celebrada o sábado no instituto Santa Irene acordouse o inicio de medidas de presión ante o cariz que esta a tomar as negociacións do Convenio Colectivo.

Os traballadores achegados a asemblea valoraron moi negativamente a oferta presentada pola empresa, entre algunhas valoracións expresaron o seu desacordo:

· Cun novo sistema de niveis, que incide na polivalencia e que potencia diferentes salarios para igual traballo. Establece a través do nivel 1 o salario de entrada, e o único que ofrecen é a participación dos eventuais no sistema, algo que por outra banda xa recoñece a lei.

· Cun incremento salarial mínimo se o comparamos co aumento dun 500% nos beneficios do grupo no ano pasado, 805 millóns de euros.

· Coa actual índice de eventualidade, o que non se lle pon limite. Ofrecen 300 contratos se o porcentaxe de eventuais pasa do 20% ¿e se chegamos o 50%?. No pasado Convenio cambiamos 2000 empregos de oito horas por 1000 de catro, ¿cantos postos fixos imos perder a cambio de eses 1200 contratos?.

· Cunha redistribución nos tempos de descanso. Antes o Andón e agora o bocadillo. Esta medida que xa está vixente en Madrid aceptouse coa escusa da creación dunha quenda de noite, quenda que desapareceu o cabo duns meses. Aquí o relacionan coa desaparición dos domingos obrigatorios para a quenda de noite.

Tan só coa acción sindical acadaremos mellores condicións de traballo. Aínda que queda pouco para a finalización do Convenio, a asemblea do sábado veu a necesidade de facer algo.

A asemblea acordou a celebración de concentracións a partires do martes 26 nas saídas das quendas de día, diante da Casa Branca. Convocámosvos a tódolos traballadores a participar, porque tan só coa participación directa do colectivo obreiro acadaremos un convenio de todos e para todos.

A desunión sindical está perxudicando claramente a capacidade de resposta ante esta nova agresión que chaman Convenio. Se non presionamos sindicalmente durante a negociación e nos contentamos con que non se firme o convenio, non imos evitar a regresión das nosas condicións de traballo ca empresa pretende.

No día de hoxe membros desta Sección Sindical, tal como acordou a asemblea, puxéronse en contacto cas centrais sindicais de clase para incidir na necesidade da participación do colectivo obreiro. Ademais de facerlle entrega do numero de firmas recollidas se lles propuxo participar nas concentracións.

POR UN CONVENIO XUSTO: !ACUDE AS CONCENTRACIÓNS¡

 

Sección Sindical de CGT en PSA Peugeot-Citröen

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email