Convocase, xuntanza de traballadores/as, para ó Sábado día 23 de Febreiro de 2008, as 16:30 no Instituto de Educación Secundaria Santa Irene, Praza America sin, para trata- lo seguinte:

ORDE DO DIA

1°) Presentación.

2°) Análisis do negociado ata agora.

3°) Propostas.

NOTA: Dado o interés e transcendencia do tema a tratar, pregase a máxima asistencia e puntualidade.

A negociación do Convenio, está a piques de rematar, xa levan sete reunións e a novena posiblemente sexa a ultima. Aínda cas centrais sindicais presentes na negociación parecen estar en contra. do ofertado pola empresa, cuestións de orgullo e desconfianza fan imposible a unidade que tan necesaria é neste intre.

Sen renunciar a necesaria unidade de acción e a participación do colectivo obreiro a través de asembleas conxuntas, abertas e participativas, durante a negociación e antes da sinatura.

A Sección Sindical da CGT, convócavos a tódoloslas traballadores/as a unha asemblea aberta. Fronte a postura derrotista de que todo é malo pero non fago nin propoño nada para cambialo. A CGT vese na obriga de tomar a iniciativa e convocar a tódolos/as traballadores/as desta fabrica a unha asemblea aberta. O que algúns non firmen o Convenio, non val evitar cos de sempre o fagan. Entre todos temos que tomar medidas para arrancarlle a empresa unha mellor oferta. Se non facemos nada, dentro duns días ímonos atopar con:
• Un novo sistema de categorías. Un sistema que consolida a dobre escala salarial e que establece catorce niveis nunha empresa que potencia a polivalencia funcional.
• Unha redistribución nos descansos, baseada tan só nas necesidades da empresa.
• Unha eventualidade a que non se Ile pon limites.
• Unha suba salarial, que coma nos derradeiros anos vai ser superada polo IPC real.
• E unha longa lista de retrocesos.
TAN SO COA PARTICIPACIÓN E A UNIDADE ACADAREMOS UN CONVENIO XUSTO

SECCIÓN SINDICAL EN P.S.A. PEUGEOT-CITROEN

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email