CGT de Galicia

Inicio Convocatorias Sindical Social Internacional Formación Orgánica Opinión
A Coruña Ferrol Lugo Ourense Pontevedra Santiago Vigo Vilagarcía Directorio

Sindical, Vigo

Metal- A tódolos traballadores do metal sen convenio propio

23.01.08

Os Sindicatos e a patronal do sector do metal da provincia de Pontevedra, veñen de firmar as táboas salariais para o ano 2008. estas táboas seguen a sen corrixir as irregularidades denunciadas pola CGT e que obrigaron a una das asinantes a presentar o Conflicto Colectivo.
O artigo 55 do Convenio Provincial do Metal, di textualmente: “O plus de transporte incorporase o salario base en partes proporcionais durante a vixencia deste Convenio, extinguíndose completamente na data 31/12/2008…”
Este era o acordo asinado, mais a hora de levalo a practica reinterpretouse beneficiando a unha das partes, a patronal. En lugar de pasar o plus de transporte proporcionalmente o salario base, foron pasando a cantidade que a patronal determinou.
O incremento do salario base, según o acordado, para o ano 2007 é o IPC mais 1.5% e para o 2008 o IPC mais 1%, mentres co plus de transporte tan so incrementase no IPC. Tendo en conta estes datos neste intre a cada traballador se lle adeuda unha cantidade superior os 44 euros e os eventuais próxima os 47 euros. gracias os nosos representantes, elixidos para velar polos nosos intereses, cada un de nos deixou de percibir unhas 7000 das antigas pesetas.

GRUPO 5 NIVEL A

2007

SALARIO/MES = 1135.99
DEBERÍA COBRAR = 1139.08

2008

SALARIO/MES = 1204.98
DEBERÍA COBARAR = 1205.04

GRUPO 6 NIVEL A

2007

SALARIO/MES = 1050.95
DEBERÍA COBRAR = 1054.03

2008

SALARIO/MES = 1115.51
DEBERÍA COBARAR = 1115.57

CONVOCAMOS A TÓDOLOS TRABALLADORES DO SECTOR A UNA ASAMBLEA INFORMATIVA, O XOVES DÍA 31 DE XANEIRO, AS 19:30 NO LOCAL DO SINDICATO, RÚA URZÁIZ Nº 73 ENTRECHÁN-DEREITA. TELÉFONO 986431476

Imprimir este artigo Imprimir este artigo  |  Recomendar este artigo Recomendar este artigo

« Adif- I Convenio Colectivo ADIF
» Asemblea xeral da CGT da Coruña

Web da Confederación Xeral do Traballo de Galicia (CGT)

Correo da páxina: web[arroba]cgtgalicia[punto]org

Todos os contenidos están baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 España de Creative Commons  XHTML 1.0 Transitional válido  Feito con GNU/Linux