“Vigo debe facer, como tódolos demais, un esforzo de productividade significativo ano tras ano, reducir os seus gastos fixos e aumentar a súa productividade” Christian Streiff No mes de setembro o actual Director Xeral presentaba a estratexia do grupo nos vindeiros anos, o chamado CAP 2010. O fin é facer de PSA Peugeot Citroën o constructor de automóbiles mais competitivo de Europa, e mais rendible para os accionistas. Os puntos principais son:

  • Un plan de competitividade para reducir os costes: reducción dos costes fixos do 30%, reducción dos costes de loxística do 10%, aplicación o 100% do programa de eficacia industrial “Convergencia” a fins do 2007 e aumento de 20 puntos da taxa de utilización das capacidades industriais.
  • Unha calidade de productos e servicios mellorada: división por dous do numero de incidencias de calidade e por tres o prazo de resolución de incidencias.
  • Unha ferramenta industrial altamente competitiva: implantación do “sistema de producción PSA”, extensión da base industrial e de compras en países emerxentes,…
  • Para a CGT tratase dun plan perigoso para os salarios, o emprego e a economía local. A Dirección do Grupo fala de producir e vender 4 millóns de vehículos ata o 2010, pero sen aumentar a plantilla. Máis ben todo o contrario, tan só en Francia vanse destruír 4800 empregos este ano. Máis coches con menos xente. O que traerá un maior deterioro das condicións de traballo e de vida. O programa de eficacia industrial “Convergencia” persegue robotizar os traballadores para que sexan efectivos o 100% no seu posto. Queren rematar cos tempos “mortos” (100% tempo efectivo). Pretenden mellorar a calidade e reducir os incidentes. Máis empeorando as condicións de vida dos traballadores non é como van acadar esta mellora na calidade. A calidade do producto é proporcional a calidade de vida do productor. Queren reducir nun 30% os gastos fixos. Entre os gastos fixos están os salarios e empregos. Co cal é previsible un aumento das subcontratacións, entre outras medidas coma a reducción de plantilla e a precarización, aínda maior, no emprego (42% eventuais en Citroën). Esta política é negativa para todos aqueles traballadores que dalgún xeito dependan do sector da automoción. A Dirección vai aumentar a compra de compoñentes en países emerxentes pasando dun 10% en 2005 ata un 45% no 2010. Coa conseguinte perda de man de obra que vai conlevar. O traslado da producción a Marrocos da fabrica que Prevent ten na nosa cidade e o peche da mesma, é un primeiro exemplo. A deslocalización que tan nefastas consecuencias tivo para o sector de compoñentes noutras zonas do Estado (Delphi, Sas-abrera, Lear , Valeo, etc..) gracias o Cap. 2010 achegase a nosa comarca. O beneficio neto do grupo no primeiro semestre do 2007 foi de 492 millóns. ¿Tamén van a aplicar a reducción os beneficios dos accionistas?, coidamos que non. A CGT en PSA-Vigo, ante o paulatino deterioro das condicións de traballo e de vida, ven realizando dende o día 10 de Setembro, marchas de protesta a saída da quenda de maña no interior da fabrica.

    Comparte esta noticia...
    Share on Facebook
    Facebook
    Tweet about this on Twitter
    Twitter
    Share on LinkedIn
    Linkedin
    Print this page
    Print
    Email this to someone
    email