CGT de Galicia

Inicio Convocatorias Sindical Social Internacional Formación Orgánica Opinión
A Coruña Ferrol Lugo Ourense Pontevedra Santiago Vigo Vilagarcía Directorio

A Coruña, Convocatorias, Sindical

Continuán os despidos en Atento: solidariedade na Coruña cos despedidos en Valencia

23.08.07

O pasado 16 de agosto comunicouse o despido de 25 traballadores con contrato de obra por suposto fin do servizo “Linea de Atención Personal”-1004, que terá efecto o día 31 de agosto. A instancia de CGT, o Comité de Empresa de Atento na Coruña, como mostra de apoio e solidariedade cos compañeiros e compañeiras de Valencia, ten convocado unha concentración en protesta polos despidos o vindeiro luns, 27 de agosto, entre as 11 e as 12 horas, diante do centro de traballo (rúa de Juan Flórez, 80-82).

 

A tendencia é clara: Telefónica externalizará tódolos seus servizos de atención ao cliente cara Latinoamérica e Marrocos. Os datos da evolución do plantel na empresa reflicten o proceso de deslocalización que estamos a padecer: Atento España pasou de 14.744 traballadores (decembro 2005) a 8.838 (xullo 2007); no último ano, en Atento na Coruña pasamos de 1.314 traballadores (setembro 2006) a 843 (xullo 2007). Ademais da mentira da empresa ao alegar o fin dun servizo estatal que segue a se prestar noutras provincias como na Coruña , entre os 25 despedidos en Valencia atópanse 2 dos actuais delegados da CGT, e outros 2 o foron ata hai pouco. Unha vez mais, Atento se ceba cos delegados sindicais da CGT: primeiro foi Paula, compañeira da Coruña que ainda está na espera de que o Tribunal Constitucional recoñeza a nulidade do seu despido; logo foron varios os compañeiros de Barcelona e Madrid os que tiveron que recurrir aos xulgados para conseguiren a readmisión. Agora a represión laboral e sindical se produce en Valencia, e ao igual que nos casos anteriores, a CGT non consentirá que ningunha agresión aos seus afiliados quede sen resposta.

Mais información no blog da sección sindical da CGT en Atento Coruña

Imprimir este artigo Imprimir este artigo  |  Recomendar este artigo Recomendar este artigo

« Asamblea del SUTSO - CGT Pontevedra
» Asamblea da CGT da Coruña

Web da Confederación Xeral do Traballo de Galicia (CGT)

Correo da páxina: web[arroba]cgtgalicia[punto]org

Todos os contenidos están baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 España de Creative Commons  XHTML 1.0 Transitional válido  Feito con GNU/Linux