CGT de Galicia
http://www.cgtgalicia.org/2007/06/continuan-as-movilizacions-en-atento-coruna/
Export date: Sun Jul 5 16:02:59 2020 / +0000 GMT

Continúan as movilizacións en Atento Coruña


O Comité de Empresa de Atento na Coruña (con maioría de CGT) continúa coas mobilizacións iniciadas o pasado mes de marzo polo despido de case 200 compañeiros. Coincidindo cos xuízos que terán lugar ó longo dos meses de xuño e xullo nos que se reclama a nulidade e/ou a improcedencia dos despidos, o Comité de Empresa acordou un novo calendario de paros e concentracións:

Convocatoria de folga: paros de dúas horas por quenda.

Xoves 28 de xuño:
-Quenda de noite de 00:00 a 02:00.
-Quenda de mañá de 10:00 a 12:00.
-Quenda de tarde de 18:00 a 20:00.

Luns 2 de xullo:
-Quenda de noite de 00:00 a 02:00.
-Quenda de mañá de 11:00 a 13:00.
-Quenda de tarde de 18:00 a 20:00.

Martes 3 de xullo:
-Quenda de noite de 00:00 a 02:00.
-Quenda de mañá de 11:00 a 13:00.
-Quenda de tarde de 18:00 a 20:00. Xoves 5 de xullo:
-Quenda de noite de 00:00 a 02:00.
-Quenda de mañá de 10:30 a 12:30.
-Quenda de tarde de 18:00 a 20:00.

Concentracións:

- Xoves 7 de xuño, ás 11:30, concentración diante dos Xulgados.
- Xoves 14 de xuño, ás 20:00, concentración diante de Atento.
- Xoves 21 de xuño, ás 11:30, concentración diante dos Xulgados.
- Xoves 28 de xuño, saída de Atento ás 10:00, ás 10:15 Concentración diante dos Xulgados.
- Luns 2 de xullo, ás 11:30, concentración diante dos Xulgados.
- Martes 3 de xullo, saída de Atento ás 11:00, ás 11:30 Concentración diante dos Xulgados.
- Xoves 5 de xullo, saída de Atento ás 10:30, ás 10:45 concentración diante dos Xulgados.

Como sempre, É FUNDAMENTAL a túa participación e apoio ás mobilizacións dos compañeiros e compañeiras de Atento. Especialmente nos días 28/06, 3/07 E 5/07, datas nas que están convocados paros parciais en apoio e solidariedade das compañeiras e compañeiros despedidos.
Post date: 2007-06-11 11:38:06
Post date GMT: 2007-06-11 10:38:06

Post modified date: 2007-06-18 21:11:22
Post modified date GMT: 2007-06-18 20:11:22

Export date: Sun Jul 5 16:02:59 2020 / +0000 GMT
This page was exported from CGT de Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com