A participación nos paros convocados pola CGT hoxe no centro de traballo de Atento na Coruña (simultáneos ós do resto de España) en protesta pola política de despidos da empresa está sendo importante. Case o 50 % dos traballadores pararon no día de hoxe, tendo máis incidencia no turno da mañá e nos servizos 1004 e CAT-ADSL. O dato non é de desprezar, tendo en conta que a folga foi convocada únicamente por un sindicato.

Está previsto realizar unha folga de 24 horas en tódolos centros de traballo de Atento o próximo luns, 28, convocada tamén pola CGT.

Non pararemos ata a reincorporación dos nosos compañeiros e compañeiras.