Manifestación 1 Maio

 

 

Este Primeiro de Maio, a Confederación Xeral do Traballo (CGT) da Coruña manifestouse polas rúas mais céntricas da cidade, baixo o lema “Contra a explotación, organízate e loita”.

 

Nun ano fondamente marcado na cidade coruñesa pola perda de postos de traballo, polo peche de empresas e polo aumento da precariedade no emprego, cerca dun centenar de traballadores e traballadoras secundaron a mobilización convocada pola CGT.

A forte e continua choiva, que restou participación a tódalas convocatorias de actos do primeiro de maio, acompañou durante todo o percorrido á manifestación que partiu, pasado xa o mediodía, da praza de Pontevedra.

Durante todo o percorrido se berraron consignas contra o peche de empresas, contra osManifestación 1 maio despidos en Atento, contra a explotación e a represión sindical, mentres soaban as notas de “A las barricadas”, ata o remate da manifestación na praza do Humor.

Con posterioridade cerca dunha trintena de militantes celebramos nos locais sindicais un xantar de confraternización confederal.

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email