CGT de Galicia

Inicio Convocatorias Sindical Social Internacional Formación Orgánica Opinión
A Coruña Ferrol Lugo Ourense Pontevedra Santiago Vigo Vilagarcía Directorio

A Coruña, Convocatorias, Formación, Social

O documental “Patagonia, utopía libertaria”, na Coruña

10.04.07

Dentro das Xornadas pola Recuperación da Memoria Histórica Libertaria que está a organizar a Confederación Xeral do Traballo (CGT) da Coruña na sé da Fundación Rodríguez Iglesias (Barrié da Maza, 20 – Paseo Marítimo), mañá mércores 11 de abril, ás 19:30 horas, terá lugar a presentación do filme documental “Patagonia, utopía libertaria” coa presencia do director do mesmo, Xan Leira.

O documental pretende, a través da narración da vida do ferrolano Antonio Soto Canalejo “Gallego Soto”, descubrir unha das loitas obreiras mais importantes do século XX producidas na Patagonia austral arxentina durante os anos 1921 e 1922. Un conflicto obreiro, conducido principalmente por anarquistas galegos, alemáns, polacos, chilenos, … que rematou coa salvaxe represión militar que deixou máis de 1500 obreiros asasinados.

Testemuñas de historiadores, intelectuais, familiares, coetáneos, … se mesturan con imaxes da época e imaxes da película arxentina de Hector Olivera “La Patagonia Rebelde” que recolle tamén estos feitos.

CGT da Coruña

Imprimir este artigo Imprimir este artigo  |  Recomendar este artigo Recomendar este artigo

« Folga de 24 horas en Atento
» Francia: PSA- Peugeot Citroën en loita

Web da Confederación Xeral do Traballo de Galicia (CGT)

Correo da páxina: web[arroba]cgtgalicia[punto]org

Todos os contenidos están baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 España de Creative Commons  XHTML 1.0 Transitional válido  Feito con GNU/Linux