CGT de Galicia

Inicio Convocatorias Sindical Social Internacional Formación Orgánica Opinión
A Coruña Ferrol Lugo Ourense Pontevedra Santiago Vigo Vilagarcía Directorio

A Coruña, Sindical

Masivo seguemento na xornada de paros en Atento Coruña

02.04.07

concentración en Atento

Durante toda a xornada de hoxe producíronse paros de dúas horas por turno de traballo no centro coruñés de Atento continuando as mobilizacións en protesta polos case douscentos despedidos, seguidos masivamente polos traballadores e traballadoras.

O seguemento dos paros no centro de traballo da Coruña foi masivo en tódalas quendas (00:00-02:00, 11:00-13:00 e 17:00 a 19:00) rondando o 90%. Salas valeiras, auriculares desconectados e masiva presencia nas concentracións convocadas tanto pola mañá como pola tarde.

Así mesmo, pola mañá, tivo lugar unha reunión na delegación provincial da consellería de traballo na que estiveron presentes tanto a empresa, representada por Encarna Mora (directora de recursos humanos) como a representación sindical e a propia autoridade laboral. No transcurso da reunión a empresa mantivo a irrevocabilidade dos despidos a pesar do dictame dos servizos xurídicos da delegación provincial recoñecendo o argumento da nulidade dos despidos por fraude de lei, o que ven defendendo tanto a CGT como o resto de organizacións sindicais.

Sección Sindical de CGT en Atento Coruña

Imprimir este artigo Imprimir este artigo  |  Recomendar este artigo Recomendar este artigo

« A CGT entra con forza na delegación coruñesa do INE
» Actuación do Coro Libertario na Coruña

Web da Confederación Xeral do Traballo de Galicia (CGT)

Correo da páxina: web[arroba]cgtgalicia[punto]org

Todos os contenidos están baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 España de Creative Commons  XHTML 1.0 Transitional válido  Feito con GNU/Linux