A Confederación Xeral do Traballo, CGT, e a Central Unitaria de Traballadores, CUT, un ano máis imos xuntos no 1º de maio. Un ano máis facemos unha convocatoria de manifestación unitaria no 1º de maio porque seguimos entendendo que o sindicalismo combativo e de clase é o que as dúas organizacións sindicais representamos, e por iso temos que saír unidos fronte o sindicalismo entregado e pactista de outras organizacións sindicais. A derradeira reforma laboral está hoxe en pleno apoxeo coas consecuencias de: – Universalización do contrato indefinido “barato” – Transferencias de fondos públicos as mans empresariais en forma de subvencións e bonificacións – Xeralización da subcontratación e a indefinición da obra como método para impoñer a perda de dereitos e a submisión dos traballadores e traballadoras. – A incapacidade de reducir os accidentes laborais graves e moi graves, e mantendo unha alta mortalidade, con estas condicións de traballo Ademais impóñennos a reforma da Seguridade Social, polo que temos que cotizar máis anos para acceder a pensión de xubilación e endurécense as condicións para as pensións de incapacidade e de viudedade, perxudicando a tódolos traballadores, e especialmente os colectivos máis desfavorecidos. Os Expedientes de Regulación de Emprego (EREs) son usados cada vez máis a menudo como forma de despido colectivo, e paso previo o peche e a deslocalización de empresas. Un ano máis a patronal mellora a súa conta de beneficios a costa da explotación dos traballadores, asegurándose o enramado legal que lles permite a flexibilización constante das condicións de traballo e dos propios cadros de persoal das empresas. A presencia cada vez máis numerosa de inmigrantes, que aspiran, lexitimamente a unha vida mellor, e contestada cun trato humillante e discriminatorio por parte da Administración, e sendo ademais fonte de sobre explotación no traballo. A vindeira aplicación da directiva Bolkenstein estenderá aínda máis a iniciativa privada na xestión de servicios sociais, e incidindo na progresiva privatización do público, como outra forma de sacarlle rendabilidade económica o que só debera ter como obxectivo a rendabilidade social. Ante este estado de cousas a CGT e a CUT, propoñemos os traballadores e traballadoras a necesidade de ORGANIZARSE E LOITAR. Como traballadores non podemos permitir, sen facerlle fronte, que a explotación da clase obreira sega a ser, ano tras ano, maior e máis dura. Neste 1º de maio queremos recordar os traballadores que só as loitas organizadas son capaces de frear o continuo deterioro que a patronal e seus lacaios estannos a impoñer, que si sempre é necesario a ORGANIZACIÓN E A LOITA, nestes momentos e imprescindible si non queremos ser aplastados pola súa propaganda e os seus feitos. Chamamos as traballadoras e traballadores a participar neste

1º de MAIO

“ORGANÍZATE E LOITA CONTRA A EXPLOTACIÓN”

MANIFESTACIÓN UNITARIA en Vigo

ás 11:00 horas, desde a Pza. Fernando O Católico ata a Porta do Sol CONFEDERACIÓN XERAL DO TRABALLO – CGT

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email