Mañá, xoves, 12 de abril, terá lugar a clausura das Xornadas pola Recuperación da Memoria Histórica Libertaria, que dende o pasado 3 de abril ten organizado a Confederación Xeral do Traballo (CGT) na sé da Fundación Rodríguez Iglesias (Barrié da Maza, 20 – Paseo Marítimo).

Ás 19:30 horas terá lugar o acto que remata as xornadas, unha conferencia do coñecido historiador Dionisio Pereira, sobre “A represión contra a muller libertaria na Galiza”. Se trata dun aspecto non moi tratado no eido da recuperación da memoria histórica pero que resulta de especial relevancia. A muller tivo un moi papel relevante no movemento libertario, non só no campo sindical (cigarreiras, cerilleiras, redeiras…) senón tamén con organizacións específicas como “Mujeres Libres”. O papel das mulleres na resistencia ao fascismo e a brutal represión contra estas mulleres centrará pois esta conferencia.

Dionisio Pereira González é historiador, especialista no movemento obreiro en Galicia, ao que ten dedicado numerosos artigos e libros. Entre eles, “Os Conquistadores modernos: movemento obreiro na Galicia de anteguerra”, “A CNT na Galicia: 1922-1936”, “Sindicalistas e rebeldes: anacos da historia do movemento obreiro na Galiza”, ou, “O Anarquismo na Galiza (1870-1970)”, xunto a Eliseo Fernández. Ten tratado a cuestión da represión, en «Os mortos esquecidos, radiografía da represión franquista nun pequeno concello rural, o caso de Cerdedo (Pontevedra)», «O Alzamento fascista na bisbarra das Frieiras: só viñeron a matar e roubar«, entre outras moitas obras. O seu labor investigador lle ten levado a sufrir intentos, mesmo por vía xudicial, de silenciamento que afortunadamente non terán éxito.

Tralo peche das Xornadas na Coruña, a Exposición “La Revolución Libertaria” continúa o seu andar pola Galiza para abrirse de novo ao público en Pontevedra, no salón de actos do edificio de sindicatos (na rúa Pasantería) o vindeiro 16 de abril.

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email