CGT de Galicia
http://www.cgtgalicia.org/2007/03/convocada-folga-en-todolos-centros-de-traballo-de-atento-espana/
Export date: Fri Dec 4 20:18:12 2020 / +0000 GMT

Convocada folga en tódolos centros de traballo de Atento España


A Confederación Xeral do Traballo (CGT) ten convocado para o vindeiro luns, 2 de Abril, unha xornada de paros de dúas horas en tódolos turnos de traballo de tódolos centros e plataformas da empresa Atento de todo o estado español, en protesta polos despidos de centos de traballores nos centros de traballo da Coruña, Valencia, Getafe, ...No centro de traballo de Atento en A Coruña, o resto de organizacións sindicais (UGT, CCOO, e CIG) presentes no Comité de Empresa, tamén decidiu apoiar a convocatoria de CGT, organización maioritaria, polo que se tratará tamén, a nivel local, dunha convocatoria do Comité, en resposta ós 179 despidos de traballadores e traballadoras deste centro coruñés.

Os paros terán lugar cos seguintes horarios: de 0 a 2 horas, de 11 a 13 horas e de 17 a 19 horas, do vindeiro luns 2 de abril. Asimesmo, se celebrarán concentracións ás 11 e ás 17 horas.
Post date: 2007-03-26 21:17:52
Post date GMT: 2007-03-26 20:17:52

Post modified date: 2007-03-26 21:31:44
Post modified date GMT: 2007-03-26 20:31:44

Export date: Fri Dec 4 20:18:12 2020 / +0000 GMT
This page was exported from CGT de Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com