A Confederación Xeral do Traballo (CGT) ten convocado para o vindeiro luns, 2 de Abril, unha xornada de paros de dúas horas en tódolos turnos de traballo de tódolos centros e plataformas da empresa Atento de todo o estado español, en protesta polos despidos de centos de traballores nos centros de traballo da Coruña, Valencia, Getafe, …No centro de traballo de Atento en A Coruña, o resto de organizacións sindicais (UGT, CCOO, e CIG) presentes no Comité de Empresa, tamén decidiu apoiar a convocatoria de CGT, organización maioritaria, polo que se tratará tamén, a nivel local, dunha convocatoria do Comité, en resposta ós 179 despidos de traballadores e traballadoras deste centro coruñés.

Os paros terán lugar cos seguintes horarios: de 0 a 2 horas, de 11 a 13 horas e de 17 a 19 horas, do vindeiro luns 2 de abril. Asimesmo, se celebrarán concentracións ás 11 e ás 17 horas.

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email