CGT de Galicia

Inicio Convocatorias Sindical Social Internacional Formación Orgánica Opinión
A Coruña Ferrol Lugo Ourense Pontevedra Santiago Vigo Vilagarcía Directorio

A Coruña, Sindical

ATENTO despide a 179 traballadores e traballadoras na Coruña

14.03.07

Hoxe, a empresa de telemarketing Atento despediu a 179 traballadores do servicio 1004 no seu centro de traballo da Coruña. Trátase dun paso mais de Atento, empresa do grupo Telefónica, a sumar ós despidos de 90 traballadores en Valencia e 29 traballadores mais en Córdoba. Todos eles son as principais víctimas da política deslocalizadora de Atento, que está a levar a carga de traballo cara paises latinoamericanos con menores salarios e condiciones laborais. Por esa razón, esta misma tarde ás 20 horas tivo lugar unha concentración de centos de traballadores e traballadoras diante da sé de Atento que cortou o tráfico no centro da cidade e que permaneceu durante case 2 horas.

A continuación reproducimos a nota do Comité de Empresa, con maioría de delegados da CGT.

“Hoxe, ás 16 horas, o comité de empresa foi convocado pola dirección da empresa, representada por Luís López, para comunicarnos por teléfono o despido de 179 compañeiros de LAP. Aducen diminución do servicio entregándonos documentos feitos por eles, que non teñen ningunha credibilidade e non poden acreditar con rigor ante ningunha autoridade laboral.

O principal agora, de aquí ó día 20, é conquerir xuntarnos e organizarnos para facerlles frente, pública e xudicialmente. Necesitamos da colaboración de todos para estar coordinados (por exemplo, precisamos de tódolos números de teléfono posibles dos compañeiros despedidos).

Calquera documento que vos entreguen, calquera chamada ó despacho ou o que sexa, esixide a presencia dun representante. Non firmedes nada sen engadir NON CONFORME.

A partír de mañá comunicaremos lugar, día e hora para xuntarnos e decidir accións conxuntas.

DESPEDIDOS, READMISIÓN!!!

MAÑÁ, DÍA 15/03 ÁS 11:00. CONCENTRACIÓN DIANTE DE ATENTO

Imprimir este artigo Imprimir este artigo  | 

«
»

Web da Confederación Xeral do Traballo de Galicia (CGT)

Correo da páxina: web[arroba]cgtgalicia[punto]org

Todos os contenidos están baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 España de Creative Commons  XHTML 1.0 Transitional válido  Feito con GNU/Linux