CGT de Galicia

Inicio Convocatorias Sindical Social Internacional Formación Orgánica Opinión
A Coruña Ferrol Lugo Ourense Pontevedra Santiago Vigo Vilagarcía Directorio

A Coruña, Social

Solidaridade da CGT da Coruña co historiador Dionisio Pereira

14.02.07

A Confederación Xeral do Traballo (CGT) da Coruña, ante os intentos de silenciamento da verdade e da recuperación da memoria histórica da represión franquista en Galicia que está a sufrir o historiador Dionisio Pereira, manifesta a súa solidaridade e apoio.


A Confederación Xeral do Traballo (CGT) da Coruña manifesta o seguinte:

  • O noso rexeitamento da acción xudicial que se promove contra o coñecido historiador Dionisio Pereira, que se ten destacado pola súa constante labor a prol da recuperación da memoria dun tempo que nos quixeron e queren facer esquecer.
  • O noso apoio total ó compañeiro Dionisio Pereira, a disposición de quen poñemos os medios deste Sindicato de cara á súa defensa e á continuación do seu labor investigador.
  • A nosa condena de todo intento de silenciar a memoria dos represaliados polo franquismo pola súa loita por un mundo novo, en xustiza e liberdade.
  • O noso desexo de que os atrancos que algúns tratan de poñer á recuperación da memoria histórica, sexamos quen entre todos e todas de convertelos en novos pulos no esforzo de descubrir e difundir a verdade que tanto tempo permaneceu agochada.

Mais información en: Rojo y Negro Digital , Kaos en la Red, Galiza Indymedia, Unión Libertaria, La Voz de Galicia,

Imprimir este artigo Imprimir este artigo  |  Recomendar este artigo Recomendar este artigo

« La intención de la Xunta de subir las retribuciones a ex-presidentes y altos cargos es un escándalo
» La CGT de la Xunta en A Coruña denuncia la pantomima de los “minutos de silencio”

Web da Confederación Xeral do Traballo de Galicia (CGT)

Correo da páxina: web[arroba]cgtgalicia[punto]org

Todos os contenidos están baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 España de Creative Commons  XHTML 1.0 Transitional válido  Feito con GNU/Linux