CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/1-junio-concentracion-en-citroen/
Export date: Tue Apr 23 12:53:47 2024 / +0000 GMT

1 Xuño. Concentración en Citroà«n


Dende a Sección Sindical da C.G.T. en P.S.A. Peugeot-Citroà«n, queremos denunciar o grave proceso de recorte de dereitos aplicados pola Dirección co beneplácito da maioría dos sindicatos (S.I.T.-F.S.I., U.G.T. e CC.OO) dende a CIMG7657sinatura do Convenio Colectivo 2012-2015 no mes de Marzal de 2012, pasando ao mes seguinte Abril, a asinar as Medidas de Flexibilidade, para posteriormente, no mes de Xullo de 2012 a Modificación do Regulamento da Bolsa de Horas, ata a sinatura do ERE no mes de Decembro de 2012 e por último, no pasado mes de Febreiro; primeiro, o acordo sobre Medidas Complementarias de Competitividade e unha vez máis, e dentro destas medidas, a Modificación do Regulamento da Bolsa de Horas.

¡Todo isto nun tempo récord DUN ANO!

Para a SS. da C.G.T. , todas estas medidas e recortes supoñen un gravísimo atentado aos dereitos e condicións de traballo dos traballadores/as desta fábrica. Coa sinatura do Convenio Colectivo por catro años, prodúcese un importante retroceso con respecto ao anterior Convenio; no tocante a salarios, cunha considerable perda de poder adquisitivo; no tocante á  xornada de traballo, cun calendario laboral flexible a todas luces; no tocante ao incremento da produtividade e ao incremento da velocidade das cadeas e dos ritmos de traballo en xeral, etc.

Coa sinatura posteriormente das medidas de Flexibilidade, se posibilita que a Dirección poida distribuír a xornada dun xeito irregular e á medida das súas necesidades, ser ter en conta as necesidades dos traballadores/as.

Non conforme con todo isto, a Dirección plantexa ao Comité a necesidade de modificar o Regulamento da Bolsa de Horas, modificacións que rachan co trato equilibrado do reparto de ditas horas, creando unha maior diferenza entre os traballadores/as con contrato a tempo completo e os traballadores/as con contrato a tempo parcial. E incrementado o número de saldo de días a 30.

A Dirección crecida por esta dinámica de sinatura de acordos, plantexa un novo proceso de ERE, máis agresivo aínda que os anteriores, que vai ter un forte impacto nos nosos salarios, dado que só se vai percibir o 80% dos mesmos, e agudizando as importantes diferenzas existentes entre o Sistema I e o Sistema II, dado que este ERE vaise aplicar ademais por talleres, unha clara pretensión de dividirnos aínda máis.

Pero por si non fora suficente, a Dirección no mes de febreiro deste ano 2013, é dicir nun prazo inferior a un ano dende que se asinara o Convenio Colectivo; se  permite plantexar un Acordo sobre medidas Complementarias de Competitividade, variando sustancialmente o calendario no tocante aos días de adecuación de xornada e concretamente a semana "flotante" ou agora "deslizante"; e modificando de novo o Regulamento da Bolsa de Horas, suprimindo o limite de xeración anual do saldo positivo, ampliado a 30 días na modificación anterior. O que obriga a aqueles traballadores/as, sobre todo do Sistema II que teñan o saldo en negativo, a traballar un sábado ao mes ata poñer o saldo a 0.

Compañeiros/as, dende a SS. da C.G.T. consideramos que XA ESTÁ BEN de tanto recorte e tanta discriminación, por iso facemos un chamamento para poñer freo a esta dinámica agresiva da Dirección, opoñéndonos a tantos recortes e medidas negativas para os traballadores/as.

Convidámosvos a participar nas concentracións que imos facer os sábados de velada Obrigatoria, ás 13:45 horas diante da porta principal.

O primeiro sábado será o día 1 de Xuño de 2013.

CONTRA OS RECORTES DE DEREITOS,¡UNIDADE DE ACCION!

 

 
Post date: 2013-05-31 16:55:49
Post date GMT: 2013-05-31 15:55:49

Post modified date: 2013-05-31 17:17:09
Post modified date GMT: 2013-05-31 16:17:09

Export date: Tue Apr 23 12:53:47 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com