CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/1%c2%ba-maio-manifestacion-en-vilagarcia/
Export date: Fri Mar 29 7:36:35 2024 / +0000 GMT

1º Maio: Manifestación en Vilagarcía


CGT convoca manifestación o 1º de Maio en Vilagarcía. Sairá ás 12 do mediodía da Praza Ravella e rematará cun mitin na Praza de Galicia.
O obxecto da manifestación é celebrar o 1º de maio, baixo o lema "Fronte as agresións do Estado e do Capitalismo: Movilización".
Paro, reforma laboral, pensionazo, represión e despidos disciplinarios antisindicais, militarismo e guerra, corrupción e inxustiza, destrucción de vidas e da natureza ,... estas son, entre outras, as brutais agresións que os Estados (a organización política do autoritarismo e a opresión) e o Capitalismo (a organización económica da desigualdade e a explotación social) están dirixindo contra a humanidade no seu conxunto. Tanto neste país como en todos os lugares do planeta.
Manifestarémonos este Primeiro de Maio ¡Polo reparto da riqueza e do traballo e a solidariedade internacional dos agredidos!.

CGT - Arousa
Post date: 2011-04-12 13:28:11
Post date GMT: 2011-04-12 12:28:11

Post modified date: 2011-04-12 13:29:31
Post modified date GMT: 2011-04-12 12:29:31

Export date: Fri Mar 29 7:36:35 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com