CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/1%c2%ba-de-maio-en-vigo-3/ Export date: Sun Oct 6 8:28:00 2024 / +0000 GMT |
1º de Maio en VigoCerca de 2000 persoas manifestaronse onte en Vigo Contra a criminalización da clase obreira e contra o pacto social, na convocatoria conxunta das centrais sindicais CGT e CUT. A manifestación, marcada pola combatibidade, rematou na Porta do Sol ca lectura dos manifestos dos sindicatos convocantes. No manifesto final a CGT destacou o forte retroceso en dereitos que está a padecer a clase traballadora no seu conxunto, fíxose un repaso aos conflictos abertos na bisbarra: ERE de Rodman, represión sindical en Citroà«n e Elyme, e tamén se tocou o contexto internacional de guerra cunha aposta decidida polo antimilitarismo e o apoio a iniciativas como a Obxección Fiscal aos Gastos Militares. Se ben, cabe destacar neste alegato final o apoio aos compañeiros da CUT detidos e encarcerados pola súa actividade sindical, quizais este ano o protagonismo principal foi para eles, esixindo a súa inmediata posta en liberdade. |
Post date: 2011-05-02 17:51:17 Post date GMT: 2011-05-02 16:51:17 Post modified date: 2011-05-02 17:56:07 Post modified date GMT: 2011-05-02 16:56:07 |
Export date: Sun Oct 6 8:28:00 2024 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |